Campus del Agua

Criterios de Admisión

A Comisión Académica do Programa de Doutoramento ( CAPD) será quen ditamine a admisión dos candidatos ao Programa. Priorizaranse as solicitudes en función dos seguintes criterios:

  • Título previo co que se accede tendo prioridade os títulos de Ciencias da Educación (Pedagoxía, Psicopedagoxía, Educación Social, títulos de Mestre) fronte a outras titulacións.

  • Expediente académico e nota do máster se a titulación previa é acorde co programa.

  • Experiencia investigadora e/ou profesional en calquera dos ámbitos laborais aos que se orientan as liñas de investigación do programa de doutoramento.

  • Obtención de bolsas de investigación.

  • Publicacións relacionadas coa temática do programa de doutoramento.

  • Outros méritos académicos (estancias no estranxeiro, idiomas, etc.)

Así mesmo, a Comisión Académica poderá realizar unha entrevista cos candidatos para aclarar e ponderar calquera dos méritos alegados.