Campus del Agua

Matrícula

Tal e como indica a normativa prevense dous tipos de matrícula: a tempo completo e a tempo parcial. Para esta última modalidade será requisito indispensable a condición de doutorando a tempo parcial outorgada, de ser o caso, pola CAPD. Esta condición deberá solicitarse cada curso académico á CAPD, achegando os documentos xustificativos. Para a condición de doutorando a tempo parcial teranse en conta motivos de carácter laboral, familiar ou persoal:

  • Os motivos de carácter laboral comprenderán preferentemente situacións de carácter fixo ou estable, contratos temporais prolongados no tempo, ou outras situacións que considere a CAPD.

  • Os motivos de carácter familiar ou persoal incluirán, entre outras situacións, a de dependencia, coidado de maiores ou fillos discapacitados e familia con fillos en idade escolar e situacións de violencia de xénero.

  • Os estudantes cun grao de discapacidade superior ao 33%, se o solicitan e xustifican documentalmente á CAPD.

Os períodos de matrícula son distintos nas diferentes Universidades participantes, polo que se recomenda visitar as páxinas web de cada unha das Universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela (USC)