Campus del Agua

Estadías de Investigación

Datos Básicos


Título da Actividade

Estadías de Investigación

Duración

240 horas.

Carácter

Optativo


Detalle e planificación

Recomendarase e animará aos doutorandos a realizar estadías formativas de investigación nas distintas Universidades participantes no programa de doutoramento ou noutras Universidades nacionais ou estranxeiras, a fin de mellorar e ampliar a súa formación investigadora e o coñecemento de liñas e tendencias no ámbito de estudo ao que se refire a súa tese de doutoramento.

Temporalización: propóñense as estadías para a partir do segundo ano do período de doutoramento tanto para os doutorandos a tempo completo como a tempo parcial.


Procedementos de Control

Un informe detallado das actividades realizadas durante a estadía, identificando claramente no mesmo as achegas da estadía ao traballo de investigación, as reflexións críticas, e as innovacións e melloras ao traballo de investigación (tese de doutoramento) do doutorando.

Este informe formará parte do documento de actividades do doutorando (DADE), o cal será revisado regularmente polo Titor e o Director de tese e avaliado pola Comisión Académica responsable do programa.

Esta actividade pretende traballar e avaliar as competencias básicas CB2 e CB3; as capacidades e destrezas persoais CA03 e CA06, as competencias Xerais CG1 e CG2 e as competencias específicas CE1 e CE3.


Actuacións de mobilidade


Levarase a cabo e propoñerá en todas as universidades participantes.