Campus del Agua

Seminarios Monográficos

Datos Básicos


Título da Actividade

Seminarios Monográficos en ¿Equidade no desenvolvemento de sistemas e actuacións socio-educativas?

Duración

4 horas.

Carácter

Obrigatorio


Detalle e planificación

Anualmente organizarase un Seminario monográfico coa participación dun investigador nacional ou estranxeiro de recoñecido prestixio que aborde algunha das liñas ou sublíneas específicas de investigación identificadas no programa de doutoramento. Para iso, farase uso de fondos dos grupos de investigación e das axudas de mobilidade para o profesorado financiadas polas autoridades educativas das comunidades autónomas ou de ámbito estatal.

Planificación Temporal: 1 Seminario Monográfico Anual.


Procedementos de Control

Os alumnos levarán a cabo un traballo baseado nos contidos do seminario que servirá para comprobar o seu grao de comprensión e a súa capacidade para deseñar e desenvolver alternativas innovadoras e críticas ás investigacións expostas polos expertos. Aqueles que participen de modo activo e realicen esta tarefa satisfactoriamente recibirán un certificado avalado polo programa.

O traballo realizado formará parte do documento de actividades do doutorando (DAD) o cal será revisado regularmente polo Titor e o Director de tese e avaliado pola Comisión.

Esta actividade pretende traballar e avaliar as competencias básicas CB4; as capacidades e destrezas persoais CA02 e CA03 e as competencias xerais CG1 e CG2 e as competencias específicas CE1 e CE2


Actuacións de movilidade


Organizarase nas universidades participantes de modo rotatorio e con carácter anual.