Campus del Agua

Xornada de Orientación

Datos Básicos


Título de la Actividad

Jornada de Orientación para los nuevos doctorandos

Duración

4 horas.

Carácter

Obligatorio


Detalle y planificación

En sesión de mañá, o coordinador do programa organizará unha sesión informativa a través de vídeo conferencia no primeiro trimestre de cada curso académico que terá como finalidade dar a benvida aos novos estudantes así como facilitarlles detalles sobre a organización do programa, recursos dispoñibles, grupos de investigación existentes nas cinco Universidades e os 7 centros universitarios, bolsas e axudas, posibilidades de mobilidade e inserción laboral, convenios e acordos con outros centros universitarios e institucións, etc.

A Xornada continuará en cada Universidade onde o coordinador local presentará os detalles e datos propios do programa na propia Universidade.

Con estas xornadas perséguese ofrecer unha información suficiente e adecuada aos doctorandos así como abrirlles horizontes na súa investigación, desenvolvendo a súa capacidade de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.

Planificación Temporal: O primeiro trimestre de cada curso académico


Procedementos de Control

Os asistentes terán que contestar un cuestionario que indagará sobre os seus intereses e obxectivos de investigación, recursos bibliográficos e materiais dos que dispoñen e que necesitarían nun futuro, planificación do seu traballo de investigación, previsións de mobilidade interuniversitaria, etc. Este cuestionario formará parte do documento de actividades do doutorando (DADE) o cal será revisado regularmente polo Titor e o Director de tese e avaliado pola Comisión.

Nesta actividade pretendese traballar e avaliar as competencias, CB5, así como as capacidades e destrezas persoais CA01


Actuacións de mobilidade


A sesión desenvolverase virtualmente. Non esixe mobilidade especial