Campus del Agua

Calidade

Os procedementos de control da calidade do Programa de Doctorado Interuniversitario en Equidad e Innovación en Educación dependen do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) da Escola de Doutoramento da Universidade de Vigo, á que o Programa está adscrito.

As Escolas de Doutoramento (ED) son centros universitarios creados según o marco normativo do RD 99/2011, co obxecto de organizar os estudos e actividades propias de doutoramento; no caso das universidades públicas galegas, foron creadas a través do Decreto 95/2013, de 13 de xuño, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O Protocolo de control da calidade da ED da Universidade de Vigo está, actualmente, en fase de elaboración e deberá basearse, en todo caso, no sistema marco de garantía de calidade da Universidade de Vigo e fundamentarse e organizarse según as directrices marcadas polo RD 99/2011 para os Programas de doutoramento, directrices que podes consultar no documento SGIC de Programas de Doutoramento.