Campus del Agua

Competencias

Compentecias básicas e xerais

  • CB11 - Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
  • CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
  • CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
  • CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
  • CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
  • CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Capacidades e destrezas persoais

  • CA01 - Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
  • CA02 - Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.
  • CA03 - Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
  • CA04 - Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
  • CA05 - Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
  • CA06 - A crítica e defensa intelectual de solucións.

Outras competencias

  • CE1 - Capacidade de utilizar e aplicar os coñecementos adquiridos en distintos ámbitos profesionais e disciplinares en relación directa coa Equidade en educación.
  • CE2 - Capacidade para deseñar e desenvolver alternativas orixinais e innovadoras para dar resposta ás distintas demandas e problemáticas educativas desde a perspectiva da equidade e a xustiza social.
  • CE3 - Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, ao redor dos campos da Equidade na Educación e a Innovación.
  • CE4 - Realizar unha análise crítica de avaliación e síntese de ideas novas e complexas, sobre proxectos de investigación en desenvolvemento na área de coñecemento de Educación e equidade, valorando as súas posibilidades de transferencia e mellora das prácticas educativas
  • CG1 - Capacidade de deseñar un proxecto de investigación no que se poida desenvolver unha análise crítica e evaluativo de situacións complexas e innovadoras utilizando os coñecementos e metodoloxía de traballo para construír e avanzar nas fronteiras de coñecemento no ámbito temático de estudo.
  • CG2 - Desenvolvemento das habilidades para debater, integrando coñecementos de con responsabilidade social e científica, demostrando o dominio de distintas habilidades e métodos de investigación que posibiliten analizar os procesos educativos no actual marco de sociedades cosmopolitas.
  • CG3 - Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análises e sínteses.
  • CG4 - Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a contornas novas, para formular e resolver novas preguntas, para expor e contrastar novas hipóteses.