Vez Jeremías

Catedrático/a de universidade

Área de Didáctica da Lingua e a Literatura
Departamento de Pedagoxía e Didáctica

Breve CV

Catedrático xubilado, Ad Honorem, en Lingüística Aplicada e Didáctica das Linguas Estranxeiras, está especializado na formación e o desenvolvemento profesional do profesorado de linguas estranxeiras. Creou e dirixiu varios equipos de investigación que han traballo en proxectos españois, europeos e con universidades de Latinoamérica referidos aos variados problemas da formación inicial e permanente dos docentes de linguas. Creou e coordinou a Rede Europea TNTEE (Thematic Network in Teacher Education in Europe) no marco do Programa SOCRATES. É autor de máis dunha ducia de libros e dun centenar de artigos e capítulos noutros libros. Fundou e dirixiu o Observatorio Atrium Linguarum situado na súa orixe como GI inter-universitario no ICE da USC. O OAL obtivo o Primeiro Premio “Selo Europeo 2006 ás iniciativas innovadoras no ensino e a aprendizaxe das linguas”. Fóronlle concedidos 4 sexenios de investigación e 6 quinquenios de docencia na USC.

Investigación

Liñas de investigación no programa

  • Procesos de inclusión e exclusión socioeducativa