Profesor/a titular de universidade
Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Información de contacto
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias da Educación
Campus Vida
15782 Santiago de Composte
+34 881 813 758
mdelmar.lorenzo@usc.es
Breve CV
Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) (1991), onde se doutorou en 1995. Desde 1998 é Profesora Titular de Universidade no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, conseguindo a Acreditación a Catedrática de Universidade en 2014. As súas liñas de investigación son: educación e pedagoxía intercultural, pedagoxía laboral, pedagoxía penal, educación familiar, e aprendizaxe-servizo e competencias na educación superior. Publicou 20 libros, e participou en numerosos capítulos de libro. É autora de máis de 50 artigos en revistas de impacto na escena nacional e internacional. Pertence ao Grupo de Investigación ESCULCA da USC (Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Galego de I+D+i) que obtivo o 1º Premio Nacional de Investigación Educativa 2007 co Proxecto “Familias inmigrantes en Galicia: a dimensión socio-educativa da integración” (SEJ2004-05967) do que foi directora. Tamén recibiu o Premio María Barbeito de Educación en Galicia á Investigación Pedagóxica na súa terceira edición polo traballo “O rendemento escolar do alumnado procedente da inmigración en Galicia. Un programa de optimización para familias e centros de ensino”. Forma parte da Rede RIES (Xunta de Galicia) e da Rede de Excelencia “Universidade, Innovación e Aprendizaxe na Sociedade do Coñecemento” (MINECO). Ademais de dirixir teses de doutoramento, foi investigadora en máis de 20 proxectos e contratos. Foi Xefa de División de Investigación Educativa no Instituto de Ciencias da Educación (ICE), Vicerreitora de Extensión Cultural e Servizos á Comunidade Universitaria da mesma Universidade, Subdirectora da Revista Galega do Ensino, Directora da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humano, coordinadora do Programa de Doutoramento de Educación da USC e Asesora UNED/UNED no Centro Penal de Teixeiro (A Coruña). Recoñecidos catro (4) Sexenios de Investigación e un (1) pola Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora (CNEAI).