Profesor/a titular de universidade
Área de Teoría e Historia da Educación
Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Información de contacto
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias da Educación
Campus Vida
15782 Santiago de Composte
+34 881 813 747
pablo.meira@usc.es
Breve CV
Profesor Titular de Educación Ambiental (EA) na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA). A súa investigación céntrase no estudo das bases teóricas e metodolóxicas da EA, o deseño e a avaliación de políticas públicas de EA, as representacións sociais do cambio climático e a educación e comunicación para responder á emerxencia climática. Premio María Barbeito de Investigación Pedagóxica (2009). Director do Proxecto Resclima. Cofundador e expresidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental. Promotor e membro da Rede Lusófona de Educação Ambiental e da Rede de Pesquisadores Internacionais em Educação Ambiental e Justiça Climática (REAJA). Autor e coautor de máis de 200 publicacións en libros e revistas, entre as que destacan Educación Ambiental e desenvolvemento humano (2001), In Praise of Environmental Education (2005), Comunicar o Cambio Climático (2009), Climate Change, Education and Communication: A Critical Perspective on Obstacles and Resistences (2010), A sociedade ante o cambio climático. Coñecementos, valoracións e comportamentos na poboación española (2009, 2011 e 2013), Transition communities and the glass ceiling of environmental sustainability policies at three universities (2017), Climate literacy among university students in Mexico and Spain (2017), Climate Change and Education (2019).
Investigación
Liñas de investigación no programa
- Innovación para a equidade educativa