Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Didáctica e Organización Escolar
Departamento de Pedagoxía e Didáctica
Información de contacto
Universidade de Santiago de Compostela
Facultade de Formación do Profesorado
Despacho 129
Campus Terra
27002 Lugo
+34 982 821 018
pablocesar.munoz@usc.es
Breve CV
Profesor Contratado Doutor no Dpto. de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela (España). Acreditado como Profesor Titular desde 2015 pola ANECA. É Doutor en Psicopedagoxía pola Universidade da Coruña. Actualmente é Coordinador do Grupo de Investigación Educativa MESTURA da USC. As súas liñas de investigación céntranse na formación do profesorado, o e-learning, a integración das TIC no ensino, o traballo colaborativo en liña, as ecoloxías de aprendizaxe e os procesos de innovación no ámbito educativo, temáticas sobre as que dirixiu diversas teses con mención internacional. Participou como investigador en numerosos proxectos de investigación competitivos tanto nacionais como autonómicos. Así mesmo, é autor de máis dun centenar de publicacións. Ata decembro 2020 publicou 13 artigos indexados en Social Science Citation Index-Journal Citation Reports (6 deles Cuartil 1). Actualmente é Coordinador do Título de Grao de Mestre/a en Educación Infantil da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo). Colaborou como asesor do Ministerio de Educación Superior, Ciencia e Tecnoloxía (MESCyT) de República Dominicana e como avaliador en axencias de calidade como a AVAP.
Investigación
Liñas de investigación no programa
- Procesos de inclusión e exclusión socioeducativa
- Innovación para a equidade educativa