Campus del Agua

Defensa da Tese

A defensa da tese deberá realizarse en sesión pública durante o período lectivo do calendario académico e terá lugar na propia universidade española na que o doutorando estivese matriculado ou, no caso de programas de doutoramento conxuntos, nos termos que indiquen os convenios de colaboración. Calquera outra opción requirirá da autorización expresa da Comisión de Doutoramento, debéndose asegurar, en todo momento, o cumprimento da presente normativa e dos procesos establecidos para a súa avaliación.

En casos debidamente xustificados por circunstancias excepcionais que imposibiliten a presenza física dun membro do tribunal, a ED poderá autorizar a súa participación por videoconferencia, a condición de que os outros catro membros do tribunal estean presentes no acto. En ningún caso, este membro ausente poderá ser o presidente ou o secretario do tribunal.

Os membros do tribunal deberán expresar a súa opinión sobre a tese e poderán formular cantas cuestións e obxeccións consideren oportunas, ás que o doutorando haberá de contestar. Así mesmo, os doutores presentes no acto poderán formular cuestións e obxeccións, e o doutoramento responder, todo isto no momento e forma que sinale o presidente do tribunal.

Pasos para a solicitude de defensa da Tese Doutoral