Campus del Agua

Documento de Actividades

Unha vez matriculado no Programa, materializarase para cada doutorando o Documento de actividades personalizado a efectos do rexistro individualizado. No inscribiranse todas as actividades de interese para o desenvolvemento do doutorando segundo o que estableza a unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade.

Devandito documento deberá axustarse ao formato establecido, rexistrarse na aplicación informática e deberá quedar constancia documental que acredite a realización das actividades realizadas polo doutorando. Este documento será avaliado anualmente pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento.


Documento de Actividades: castelán | inglés
NOTA: debe tramitarse dende a aplicación da Secretaría virtual e non mediante este formulario


O doutorando terá acceso ao Documento de Actividades de Doutorando para anotar e actualizar as actividades que realice no contexto do programa. Os seus rexistros serán validados polo órgano académico correspondente tras a valoración do Titor e o Director, previa comprobación por parte da administración da autenticidade dos méritos alegados, de ser o caso.

Ao Documento de Actividades de Doutorando terán acceso, para as funcións que correspondan en cada caso, o doutorando, ou o seu Titor, ou o seu Director de tese, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD), a unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade e o persoal de administración responsable.

O seguimento do doutorando levarase acabo de forma directa polo Director e o Titor da Tese, a partir da revisión trimestral do DAD e dos encontros presenciais co doutorando. Así mesmo o DAD constituirá un elemento imprescindible nos diferentes procedementos anuais de avaliación do doutorando ao longo do seu doutoramento.

A requirimento do doutorando e co visto e prace do titor ou o director de tese, as entidades correspondentes poderán certificar as actividades realizadas polo doutorando no transcurso do período predoctoral.

Os informes anuais de seguimento que se cumprimentan regulamentariamente no caso dos bolseiros de Plans Nacionais (FPI, FPU) e dos doutras convocatorias públicas e privadas serán incorporados ao DADE das Escolas de Doutoramento ou órgano institucional que cumpra as súas funcións nas Universidades participantes. Completarase un informe anual equivalente, tamén para o resto de doctorandos do programa