Co motivo da celebración dos 50 anos dos estudos da Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Facultade de Ciencias da Educación, xunto co Departamento de Pedagoxía e Didáctica e o Instituto de Ciencias da Educación (ICE), organizan o Simposio Internacional sobre o Doutoramento en Educación. Coñecemento e Acción Transformadora (15-16 de maio de 2024).
O Simposio supón unha magnífica oportunidade de reflexión e punto de encontro entre investigadoras e investigadores do ámbito da Educación. Entre outros obxectivos, pretendemos analizar a situación e perspectivas do Doutoramento en Educación no marco dunha Sociedade do Coñecemento. Ademais, trátase de dialogar sobre a relevancia e calidade dos Programas de Doutoramento, estudar as súas distintas modalidades, e xerar e/ou afianzar espazos de debate e participación das/os estudantes de doutoramento en Educación.
Más información en la web del congreso