Obxectivos

Investigar e innovar sobre os programas, accións, recursos e políticas socio-educativos necesarios para conseguir a equidade en educación é o principal obxectivo deste programa de doutoramento, que se concreta nos seguintes obxectivos máis específicos:

  • A formación de profesionais especializados na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación no actual marco das sociedades cosmopolitas. Profesionais capaces de investigar no ámbito do deseño, xeración, posta en marcha e avaliación de programas e recursos educativos adecuados ás actuais sociedades abertas e multiculturais desde a perspectiva da equidade.
  • A adquisición de competencias e habilidades que capaciten aos investigadores en formación para a transferencia do coñecemento, afrontando desde a equidade: 1) os retos e problemas implicados na xestión e mobilización de procesos de investigación, 2) a innovación e o cambio xestados participativamente en institucións de ensino e contextos educativos.
  • Contribuír e promover a mobilidade e internacionalización dos investigadores en formación garantindo un proceso de formación que implica un claro compromiso coa calidade, equidade e innovación na investigación educativa.

 

Competencias

(Establecidas polo RD 861/2010)

Competencia básica 11 (CB11)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.

Competencia básica 12 (CB12)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

Competencia básica 13 (CB13)
Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

Competencia básica 14 (CB14)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

Competencia básica 15 (CB15)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

Competencia básica 16 (CB16)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

 

(Establecidas polo RD 861/2010)

Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.

Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.

 

Competencia específica 1 (CE1)
Capacidade de utilizar e aplicar os coñecementos adquiridos en distintos ámbitos profesionais e disciplinares en relación directa coa Equidade en educación.

Competencia específica 2 (CE2)
Capacidade para deseñar e desenvolver alternativas orixinais e innovadoras para dar resposta ás distintas demandas e problemáticas educativas desde a perspectiva da equidade e a xustiza social.

Competencia específica 3 (CE3)
Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento desenvolvendo un corpus substancial, ao redor dos campos da Equidade na Educación e a Innovación.

Competencia específica 4 (CE4)
Realizar unha análise crítica de avaliación e síntese de ideas novas e complexas, sobre proxectos de investigación en desenvolvemento na área de coñecemento de Educación e equidade, valorando as súas posibilidades de transferencia e mellora das prácticas educativas.

Competencia xeral 1 (CG1)
Capacidade de deseñar un proxecto de investigación no que se poida desenvolver unha análise crítica e evaluativo de situacións complexas e innovadoras utilizando os coñecementos e metodoloxía de traballo para construír e avanzar nas fronteiras de coñecemento no ámbito temático de estudo.

Competencia xeral 2 (CG2)
Desenvolvemento das habilidades para debater, integrando coñecementos de con responsabilidade social e científica, demostrando o dominio de distintas habilidades e métodos de investigación que posibiliten analizar os procesos educativos no actual marco de sociedades cosmopolitas.

Competencia xeral 3 (CG3)
Desenvolvemento das capacidades comprensivas, de análises e sínteses.

Competencia xeral 4 (CG4)
Desenvolvemento de capacidades para aplicar coñecementos a contornas novas, para formular e resolver novas preguntas, para expor e contrastar novas hipóteses.