O programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación estrutúrase ao redor de dúas grandes liñas ou clústeres de investigación que agrupan diversas subliñas de investigación nas que os investigadores en formación poderán desenvolver o seu itinerario formativo.
A liña 1 “Procesos de inclusión e exclusión socio-educativa” é un eixo temático que se concreta ao redor de 9 áreas de especialización e perspectivas de análises que permitirán o desenvolvemento de proxectos e estudos sobre a construción e o desenvolvemento de procesos de exclusión e inclusión socio-educativa:
- Equidade e Inclusión para a mellora escolar
- Abandono e Fracaso Escolar
- Materiais Curriculares e Equidade
- O enfoque de xénero nos procesos de exclusión e inclusión
- Plurilingüismo: inclusión e equidade de linguas
- Equidade, cambio social e desenvolvemento sostible
- Benestar, Infancia e Mocidade
- Colectivos en situación ou risco de exclusión social
- Educación Intercultural
A liña 2 “Innovación para a equidade educativa” é un eixo temático que se concreta ao redor de 9 áreas de especialización e perspectivas de análises que permitirán o desenvolvemento de proxectos e estudos centrados na Innovación para a equidade educativa.
- Procesos de ensino aprendizaxe para a equidade
- Educación Mediática e competencia dixital para a equidade
- Desenvolvemento de competencias docentes para a equidade
- Asesoramento e Orientación como apoio para a calidade e equidade en educación
- Innovación nas materias curriculares
- Políticas educativas innovadoras e xustiza Social
- A construción histórica dunha cultura escolar inclusiva e innovadora
- Investigación e innovación en Didácticas Específicas para a Equidade
- Innovación, orientación e avaliación educativa para a Equidade
1. Procesos de inclusión e exclusión socio-educativa
Profesorado da Universidade da Coruña
Profesorado da Universidade de Cantabria
Profesorado da Universidade de Oviedo
Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela
Profesorado da Universidade de Vigo
Profesorado da Universidade de Murcia
2. Innovación para a equidade educativa
Profesorado da Universidade da Coruña
Profesorado da Universidade de Cantabria
Profesorado da Universidade de Oviedo
Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela
Profesorado da Universidade de Vigo