Durante o seu período de formación doutoral o estudante deberá acreditar a realización de actividades formativas por un total de 48 horas obrigatorias ao longo dos 3 anos (ou 5 en caso de estudantes a tempo parcial) participando nalgunha das propostas académicas que se relacionan a continuación:
Actividade | Duración | Carácter | Descrición |
---|---|---|---|
Xornada de orientación | 4 horas | Obrigatorio 1 no 1º ano |
En sesión de mañá, o coordinador do programa organizará unha sesión informativa a través de vídeo conferencia no primeiro trimestre de cada curso académico que terá como finalidade dar a benvida aos novos estudantes así como facilitarlles detalles sobre a organización do programa. |
Encontros con investigadores (ver datas) |
24 horas | Obrigatorio 2 x curso |
Cada encontro correrá a cargo dun IP do Programa cun proxecto de investigación en activo, vinculado ás distintas liñas do programa. Este encontro ten como meta facilitar aos doctorandos o contacto con experiencias de investigación e investigadores. |
Reunión científica interuniversitaria de xóvenes investigadores (ver datas) |
8 horas | Obrigatorio 1 en total |
Anualmente organizarase polo menos un seminario de investigación que servirá como foro de intercambio de traballos realizados polo estudantado do programa. |
Seminarios monográficos (ver datas) |
12 horas | Obrigatorio 1 x curso |
Anualmente organizarase un seminario monográfico coa participación dun investigador nacional ou estranxeiro de recoñecido prestixio que aborde algunha das liñas ou subliñas específicas de investigación identificadas no programa de doutoramento. |
Participación en congresos científicos | 30 horas | Optativo | Os doctorandos participarán naqueles congresos e xornadas nacionais e internacionais, recomendados pola CAPD, presentando comunicacións e/ou posters. Cada ano o programa de doutoramento fará público a listaxe de congresos que se recomendarán, incluíndo congresos nacionais e internacionais. |
Estadías de investigación | 240 horas | Optativo | Recomendarase e animará aos doutorandos a realizar estadías formativas de investigación nas distintas universidades participantes no programa de doutoramento ou noutras universidades nacionais ou estranxeiras, a fin de mellorar e ampliar a súa formación investigadora e o coñecemento de liñas e tendencias no ámbito de estudo ao que se refire a súa tese de doutoramento. |
Actividades presenciais 2023/2024
Encontros con investigadores
Educación Ambiental para la Sostenibilidad en la formación inicial de profesorado de Educación Infantil y Primaria
Dra. Mercedes Varela Losada Dr.Uxío Pérez Rodríguez (Departamento de Didácticas Específicas)
Martes, 16 de xaneiro de 2024, 17.00 h.
UVigo
Influencia del Control y la Estructura parental en el desarrollo integral de los menores de 6 a 12 años
Dra. Susana Torío López (Departamento Ciencias da Educación)
Xoves, 18 de xaneiro de 2024, 17.00 h.
UNIOVI
La investigación educativa en contextos multidiciplinares: el Proyecto eProFun
Dr. Fernando Fraga Varela (Departamento de Pedagoxía e Didáctica)
Martes, 23 de xaneiro de 2024, 17.00 h.
USC
¿Quieres hacer una investigación participativa? Algunas pistas para no perderte
Dra. Noelia Ceballos López Dra. Ángela Sáinz Linares (Departamento de Educación)
Xoves, 25 de xaneiro de 2024, 17.00 h.
UC
Metodologías de investigación educativa basada en las artes: el proyecto DERARTI
Dr. José María Mesías Lema (Área de Didáctica da Expresión Plástica)
Mércores, 31 de xaneiro de 2024, 17.00 h.
UDC
IX Reunión Científica Interuniversitaria de Xóvenes Investigadores
Universidade de Cantabria, data a determinar
Seminario Monográfico
Universidade de Cantabria, data a determinar