Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Durante o seu período de formación de doutoramento o estudantado deberá acreditar a realización de actividades formativas por un total de 48 horas obrigatorias ao longo dos 3 anos (ou 5 en caso de estudantado a tempo parcial) participando nalgunha das propostas académicas que se relacionan a continuación:

Actividade Duración Carácter Descrición
Xornada de orientación 4 horas Obrigatorio
1 no 1º ano
En sesión de mañá, o coordinador do programa organizará unha sesión informativa a través de vídeo conferencia no primeiro trimestre de cada curso académico que terá como finalidade dar a benvida ao novo estudantado así como facilitarlle detalles sobre a organización do programa.
Encontros con investigadores
(ver datas)
24 horas Obrigatorio
2 x curso
Cada encontro correrá a cargo dun IP do programa cun proxecto de investigación en activo, vinculado ás distintas liñas do programa. Este encontro ten como meta facilitar aos doutorandos o contacto con experiencias de investigación e investigadores.
Reunión científica interuniversitaria de xóvenes investigadores
(ver datas)
8 horas Obrigatorio
1 en total
Anualmente organizarase polo menos un seminario de investigación que servirá como foro de intercambio de traballos realizados polo estudantado do programa.
Seminarios monográficos
(ver datas)
12 horas Obrigatorio
1 x curso
Anualmente organizarase un seminario monográfico coa participación dun investigador nacional ou estranxeiro de recoñecido prestixio que aborde algunha das liñas ou subliñas específicas de investigación identificadas no programa de doutoramento.
Participación en congresos científicos 30 horas Optativo Os doutorandos participarán naqueles congresos e xornadas nacionais e internacionais, recomendados pola CAPD, presentando comunicacións e/ou posters. Cada ano o programa de doutoramento fará público a listaxe de congresos que se recomendarán, incluíndo congresos nacionais e internacionais.
Estadías de investigación 240 horas Optativo Recomendarase e animará aos doutorandos a realizar estadías formativas de investigación nas distintas universidades participantes no programa de doutoramento ou noutras universidades nacionais ou estranxeiras, a fin de mellorar e ampliar a súa formación investigadora e o coñecemento de liñas e tendencias no ámbito de estudo ao que se refire a súa tese de doutoramento.

 

Actividades presenciais 2025/2026

Encontros con investigadores

Encontros con investigadores 2025/2026

XI Reunión Científica Interuniversitaria de Xóvenes Investigadores

Universidade de Vigo (campus de Ourense): 24, 25 e 26 de abril de 2026.

Seminario Monográfico

Universidade de Vigo (campus de Ourense): 25 de abril de 2026.