Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Competencias básicas

Competencia básica 1 (CB1)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.

Competencia básica 2 (CB2)
Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

Competencia básica 3 (CB3)
Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

Competencia básica 4 (CB4)
Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

Competencia básica 5 (CB5)
Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

Competencia básica 6 (CB6)
Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

Competencia básica 7 (CB7)
Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común.

Capacidades e destrezas

Capacidade 1 (CA1)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica e/ou unha sobresaturación de información de escaso ou nulo rigor científico.

Capacidade 2 (CA2)
Atopar as preguntas craves que hai que responder para resolver un problema complexo.

Capacidade 3 (CA3)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

Capacidade 4 (CA4)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

Capacidade 5 (CA5)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

Capacidade 6 (CA6)
Activar un razoamento crítico e autocrítico, que lle permita cuestionar a información que recibe e cuestionarse ante ela, así como argumentar e xustificar os seus plantexamentos.

Outras competencias

OC1
Capacidade para fundamentar epistemolóxica, interdisciplinar e metodolóxicamente un proxecto de investigación contextualizado.

OC2
Capacidade para utilizar e aplicar os coñecementos adquiridos en diferentes ámbitos profesionais e disciplinares en relación directa coa Equidade e a Innovación na Educación.

OC3
Capacidade para confrontar a actividade investigadora desde un compromiso ético cos principios e valores cívicos de participación democrática, de xustiza social, de liberdade, de tolerancia e de solidariedade.

OC4
Capacidade para activar a autorregulación, a responsabilidade, a resiliencia, o afán de superación e a cooperación.